AiKeN's profile<|<(|(//**AiKeN**\\)|)>|...PhotosBlogListsMore Tools Help

<|<(|(//**AiKeN**\\)|)>|>

And it will be I love you and without you there is nothing... JONATHAN, ÁMOTE

Windows Media Player

8/28/2007

Demasiados cambios...

Boeno, xa sei que fai moito tempo que non escribo aquí. Pero boeno, malia tódolos cambios que se sucederon nestes últimos meses, tampouco tiña azos para escribir aquí sobre eles... Son demasiados cambios como para comezar a relatalos...


Xa non sei qe máis dicir... Son un puto desastre xD. Como sei que ninguén se pasa por aquí, na, non sei, que máis dará o que diga??



Corazón rojoJONATHAN, AMOTECorazón rojo
3/15/2007

Desface...

Ultimamente o desface está sendo demasiado alto: as horas "libres" nos están tentando a todos, a min en especial, penso eu. A verdade é que unicamente as clases de Lucato e de Dosil me están resultando chamativas e entretidas, pero... Bah, todo se soluciona cunha partida ó "desconfío" e un zume de laranxa na cafetaría de CCSS, aínda que non poidamos levar as cartas de novo porque en teoría está prohibido xogar ás cartas alí... Pero aínda así, o cafeciño co croissant ou o bocadillo de tortilla en Forestais tamén resulta excesivamente tentador acompañado dunhas risas ocasionadas por ET ou de máis risas mentres deseñamos unha nova marca de zume... E o peor é que as ganas de saír da facultade son tan extremas que se convirten nunha necesidade porque as condicións ambientais son mellores fóra ca dentro, xa que ademais de ser un forno a propia facultade debido ó seu deseño aínda son capaces de ter a calefacción acendida nunha semana de calor. É entón cando saír ó exterior se fai tan sumamente agradable deixando que o sol nos acaricie mentres cruzamos a rotonda polo medio e medio arriscándonos a que un coche nos leve por diante, a pesar de que sigamos a dirección correcta en vez de coller a rotonda pola esquerda...
Boeno, bicos e saúdos para todos...
JONATHAN, ÁMOTE
2/15/2007

Cea, ceíña, cea...

Hoxe cea de clase... n_n ... A ver que tal discurre a noite... Mañá máis detalles xD.
Por certo, adxúntovos a foto da rosa que o meu gatiño me regalou onte no día dos namorados ... n_n

JONATHAN, ÁMOTE
1/30/2007

Lolorololó...

Todo vai indo en orde: xa tiven os meus dous primeiros exames na universidade, e un deles alomenos estou segura de que me saíu ben.. Agora me faltan 3 máis pero boeno, estudar estudar... Só teño q estudar para un...
E hoxe xa voltou miña nai do hospital... n_n
En fins... Non hai moito máis q contar...

JONATHAN, ÁMOTE
1/6/2007

Que facer?

Tristeza, furia, impotencia... Que facer? Sei o que debería facer, pero teño medo de facelo, teño medo de destruír todo aquilo no que algunha vez cheguei a crer, teño medo de destruír unha parte das máis importantes do meu mundo, aínda que ás veces esa parte non semelle ser tan importante para min... Non sei que facer...
 
 
 
12/31/2006

Adeus 2006...

Boeno, estando a piques de rematar o ano 2006, só quero agradecerlles todo o que fixeron a todas aquelas persoas que sempre estiveron ó meu lado para axudarme en todo, para animarme e aínda que fose simplemente para pasar un bo rato, a todas aquelas persoas que me queren e que sempre están ahí, desde as que estiveron máis preto ata as que estiveron máis lonxe. Boeno, só me queda dicir que sigades sendo como sodes e que o 2007 nos faga un pouco máis felices a todos, non só a nós, senón a todo o mundo.
 
FELIZ ANO 2007
 
JONATHAN, ÁMOTE
 
 
12/22/2006

Felicidades!!!

Habemus aurigam! A verdade é que xa eran horas, pero... Por fin sacaches o permiso de conducir, meu rei! Ala, dentro duns días en diante xa poden ir a tomar por saco os barquiños e Mar de Ons... Agora a ver cando o saco eu...
 
JONATHAN, ÁMOTE
12/16/2006

Necesítote

Necesítote, meu rei, e xa sei que é a milésima vez, por non dicir a millonésima, que cho digo, pero é que necesito que o saibas en todo momento, que saibas que quero que esteas comigo sempre, a todas horas... Síntome tan soa sen ti... Menos mal que chegan as farturentas e libres vacacións de Ndal, e podemos estar un chisco máis xuntos, pero oxalá non tiveses que te separar de min cada noite. Estou desexando que chegue o día no que poida coller as maletas e marcharme de aquí para irme contigo para sempre. Necesito estar ó teu lado para sentirme ben, protexida e feliz, e non baleira, triste e soa como me sinto agora que non estás. Boeno, non estou baleira de todo... No fondo estás ti, dentro do meu corazón, intentando axudarme a aguantar, intentando a axudarme a ser quen de sorrir simplemente por saber que nós somos felices xuntos, a pesar de todo o que estamos pasando, por saber que somos máis felices que o resto do mundo enteiro estando xuntos e amándonos... Pero te preciso cada día máis, meu rei, precísote cada día máis...

JONATHAN, ÁMOTE

12/11/2006

Que estou a faer?

Boeno, xa volvo a escribir aquí a pesar de que non teño nada que dicir nin qué contar. Definitivamente preciso unha nova motivación, unha inspiración que me leve a escribir aquí as miñas paranoias ou a plasmar en novos poemas os meus sentimentos, pero parece que ultimamente nen sequera teño paranoias. O único que me emboba as tardes libres que non estou con Jonathan é estar facendo vídeos pero porque non me queda máis remedio que facelos, que se non nin iso faría. O único que me entusiasma ultimamente son os debuxos de Victoria Francés e música como a de Dark Sanctuary e pouco máis, estar con Jonathan parece que é o único que me mantén realmente viva. Estarei facendo ben estudiando música? Non tería preparado para min o destino outro camiño? Non sei, síntome rara, demasiado extraña para min mesma: nada me chama a atención, non teño inspiración para escribir, nin sequera para compoñer, e iso que pretendo adicarme a elo... Estaría mellor facendo Traducción? Non sei exactamente que estou a facer coa miña vida nestes intres, síntome baleira, nada me enche excepto o amor que compartimos Jonathan e máis eu, non me acabo de sentir a gusto coa miña nova situación, quédome mirando para o aire e non penso en nada, non fago nada, coñezo xente e non a coñezo, sei o que fago pero á vez non remato de atoparlle sentido, a pesar de saber que é o meu presente e á vez o meu futuro. Qué estou facendo coa miña vida?
 
 
 
JONATHAN, ÁMOTE
11/20/2006

D'une mère à sa fille

 Serre toi encore contre ma poitrine,
Puis touche le ciel aux côtés des anges,
Reviens ensuite parmi nous,
Où tu prendrais sans doute Sa couronne.
Dors, plus rien ne te touche maintenant,
Mes yeux pleurent mes espoirs,
Le souvenir de ton sourire,
Ton être tout entier.
Où que tu sois, ne m'oublie pas,
Ici ta voix raisonnera encore et toujours,
C'est un nouveau monde qui s'ouvre à toi...
Mais c'est un monde où je ne suis pas
.
 
 
                            D'une mère à sa fille                                  
Dark Sanctuary                        
 
11/9/2006

Palabras que marcan

"La palabra deber tiene demasiadas acepciones siniestras. Pienso en las mujeres que perdieron la vida y el amor porque se sintieron impulsadas por el sentido del deber a permanecer al lado de sus ancianos padres y cuidarlos. Pienso en las parejas casadas que han dejado de amarse hace mucho tiempo, pero que siguen viviendo juntas lamentablemente por su sentido del deber."
 
Summerhill, A.S. Neill
 
Que de cousas me trae á mente iso, casos iguais ou parecidos... Boeno... Máis concretamente un só caso que os que saiban certas cousas saberán quen é a persoa á que me estou a referir...
 
JONATHAN, ÁMOTE
10/23/2006

18 anos...

Xa está... Xa todo rematou... E todo empeza... Xa comezo a verme algunha que outra enruga e cada vez atopo algunha que outra cousa negativa máis a isto, pero de todos modos son feliz.

JONATHAN, ÁMOTE
10/22/2006

A un día...

A un día de ser realmente responsable dos meus actos, a un día de convertirme en cidadá recoñecida, a un día de poder ir ó cárcere, a un día de ser alguén, a un día de deixar de ser considerada unha nena, a un día de poder irme sen que ninguén me poida obrigar a voltar. A un día de poder votar, a un día de poder elixir o que eu creo mellor para o meu país, a un día de poder ser a papeleta que desequilibre a balanza e que faga que se decante cara un lado, a un día de que a miña opinión se teña por fin en conta, a un día de poder elixir xa definitivamente o meu sino. A un día de que xa ninguén se preocupe de min porque xa son maiorciña, a un día de deixar de ser rapaza e convertirme en muller, a un día de deixar de ser todo aquilo que fun, de deixar de ser definitivamente a nena que hai uns anos mecía nos seus brazos. A un día de que remate todo o que foi a miña vida ata agora e comece a afrontarme á adultez, ás víboras que me acechan no mundo. A un día de que cambie a miña vida por completo.
 
 
P.S.: Jonathan, felicidades, meu rei. Outro mesiño máis... 1 ano e 5 meses... Ámote, cariño.
10/2/2006

Que comezamos!

Aiss, estou dos nervios, mañá xa comezo maxisterio >_<. Jo, por un lado faime ilusión, coñecer xente nova e demais, pero por outro lado dame pereza volver a estudar. Pero o peor de todo é pasar toda a semana sen ti, meu rei... Necesítote... E inda non pasou un día e xa te boto de menos... Moitísimo...
 
JONATHAN, ÁMOTE
9/11/2006

Por fin!!

Por fin, cariño, por fin vas volver ó meu lado, por fin poderei deixar de preocuparme porque esteas tan lonxe. O teu regreso faime tan feliz, alédame tanto... A pesar de que a tristeza estea a comerme por outros lados...
Bótote moito de menos, meu amor. Estou desexando que chegue mañá...


 JONATHAN, ÁMOTE
8/22/2006

Monzón

E xa estamos de volta despois dunha viaxe inolvidable! A verdade é que foi a leche, sobre todo o sábado, menuda festa, non? E pensar que pouco máis e a policía nos leva con eles LoL!! Estou desexando que chegue o 2008 para que veñan os da banda de Monzón de volta a Cangas, a verdade é que son a ostia. Aínda que para ter a festa completa teriamos que xuntar a Fredito e a Jose, o do trombón (Monzón), xa que ambos a montan onde van; velos xuntos sería todo un espectáculo. Boeno, alí en Monzón vimos o castelo, fumos ó parque nacional de Ordesa (que menudo mareo que levabamos todos enriba, eh?), aínda que eu non puiden subir arriba de todo debido a que estaba demasiado mareada como para chupar outra media hora de autobús... Pero o pasamos ben igualmente en Torla planeando a nosa futura casa (eh, Jonathan? ), xogando ó burro e facendo sudokus. E boeno, a volta, a pesar de ser moi pesada, non estivo mal. Alomenos puidemos parar en Burgos a ver a catedral, aínda que puidemos pasar máis tempo alí e ver máis cousas en vez de estar dúas horas apalancados en Valladolid u_u, a pesar de que hai quen non tivo moi boas experiencias coas xitanas en Burgos, aínda que ó final todo lles saíra ben. Pero boeno, despois ainda botamos unhas risas, verdade Jonathan? Malditas cóxegas... Jejeje, aisss esa risiña :P . O caso é que ó final chegamos ás 6 da mañá a Cangas, patria querida xD.

Boeno, deixando o tema de Monzón a parte, seguimos contando meses... Xa van 1 ano e tres meses de felicidade ó lado do meu pequecho n_n, e a verdade é que espero que non rematen nunca de subir nin os meses nin a felicidade que estamos vivindo ambos...
 
JONATHAN, ÁMOTE
8/14/2006

Entrimo

Boeno, este finde paseino en Entrimo, en Ourense. A verdade é que me gustou o sitio, a ver se nun futuro Jonathan e mais eu facemos unha casiña alí XD. E boeno, a ver se o verán que ven volvemos e volvo a ver a toda a familia de Francia, que o primo do Jonathan que intentou ligar comigo a verdade é que me fixo gracia xD. Por certo, cariño, para cando leas isto, os chourizos estaban de medo :P.
Pero boeno, supoño que o que máis me gustou da miña estancia alí foron os paseos con Jonathan polo monte, a tranquilidade que o envolvía todo, a rusticidade de Venceáns, a lúa de Bouzadrago... O poder estar alí con Jonathan para disfrutalo xuntos por fin.
 
JONATHAN, ÁMOTE
8/5/2006

Soa

Soa nun mundo escuro,
de repente e sen razón aparente.
Que pasou? Que fixen para estar
aquí e así,
soa, completamente?
 
 
JONATHAN, ÁMOTE
7/13/2006

...

Só un día sen ti e xa me invade esta tristura tan forte... Será tamén efecto do que veu hoxe? Non creo, onte xa só o pensar que hoxe non te ía ver xa me deprimiu, xa me conduciu á amargura... Como pode ser que te necesite tanto? Como é posible que te ame de tal xeito? Ámote, e iso é o único que sei...
 
JONATHAN, ÁMOTE
6/28/2006

Xa está

Xa está, xa fixen a preinscrición para o Maxisterio musical e xa teño nas miñas mans os sobres de matrícula para o conservatorio para o curso que ven. As PAAU foron xenial, saquei un 8'92, e a media ponderada do bacharelato e do selectivo me queda un 8'79. Malo será que non me collan!
 
 
JONATHAN, ÁMOTE
6/24/2006

Soño dunha noite de San Xoán (n_n)

Que boeno, non foi un soño, foi realidade, o do título só era por despistar un pouco. O caso é que a pasada noite, a noite de San Xoan, foi unha das mellores noites que pasei, malia que o meu queridisisisisisisisisisisisisisísimo xeonllo me deu a lata moito máis do que esperaba. Pero malia iso, foi unha noite bastante boa, a pesar de certas preocupacións debidas a polos con limón (... verdade Muchi?), que os que se supón que teñen máis sentido común incitan ós máis pequenos a facer cousas que alomenos de momento non deberian facer, como fumar petas e beber alcohol (en fin, no comments), e infortunios da vida, como son que intenten ligar contigo dunha forma un tanto estrana, en plan o Home de Cromagnón, con danza do cortexo e todo (uy, "la arenita", verdade Ele? ), que outros "pelexen" por un home (ui esa competencia entre as tetas como carretas de Fati que o seu pai leva en trailers da vía rápida e os abdominais de David), e que a pesar de querer ligar non se pode, uns por unhas causas alcohólicas e fumadas (pero que a pesar de todo, parece ser que espabilan á xente... ) e outros pois porque non deu para máis a cousa. E boeno, que o chumichurri parece que a outros lles deu bastante xogo . Pero a pesar de todo, o que máis me gustou foi o feito de estar todos xuntos arredor da fogueira, comendo o churrasco dos mestres cociñeiros (e que conste que a última parrillada estaba medio crúa...) e os criollos que fixo David!!!, e contemplar toda a praia acendida nun ambiente de festa, con luces e fogos de cores, as chamas reflectíndose na auga dándolle un ambiente máxico, e o amor que me envolvía, e que me facía sentir a moza máis feliz do mundo.
 
 
JONATHAN, ÁMOTE
6/19/2006

Volta á monotonía?

Volven os días longos e pesados, os días nos que se poden facer tantas cousas e nos que acabas por non facer nada. Volven os días de mirara cara as nubes, de descansar, volven os días de raña-la barriga... Deberei plantexarme algo para non caír nesta monotonía anual...
 
 
A&J, L0V3 4eV3r
6/17/2006

Xa todo rematou

Boeno, xa todo rematou. Agora só queda esperar ata o día 27 ás 15:00... Alomenos agora poderei "descansar"...
 
JONATHAN, ÁMOTE
6/3/2006

Algunha suxerencia?

Boeno, xente, aquí un grupo de clarinetistas precisa axuda para atopar un nome para o grupo. Se vos serve de axuda, os nomes son Laura, Marta, Alba, Elba e Leticia, por se se vos ocorre algo cos nomes. Por certo, a ser posible ,ten que levar a palabra "Quorum" por algún sitio.
Gracias de antemán pola vosa colaboración. Se non estades moi lonxe igual vos facemos un concerto gratis e todo XD.
 
JONATHAN, ÁMOTE
5/28/2006

Volvemos de novo á crise...

Novos pensamentos me torturan, novos interrogantes sobre cousas que se desvaneceron da miña mente nun instante. Por que para os demais alomenos parece que é máis fácil? Non sei qué facer, non sei o que me pasa, e todo parece rematar cuns cabezazos contra a mesa, pero non. Seguen ahí. E cada vez danme máis ganas de chorar.
 
JONATHAN, ÁMOTE
 
Photo 1 of 337

Alba Malvido Piñeiro

Occupation
Interests
mmmm......... soy mu rara, asi q si digo algo raro (q sería lo normal) no le busques los tres pies al gato